miércoles, 28 de enero de 2015

ONDE ESTÁ PICOLINDO? 4º POSTAL

Ola rapaces!!! xa estou de volta despois das vacacións de NADAL!! 
Viaxar é unha MARABILLA!!
Encántame todos os países que vou visitando. Gozar do Nadal en Brasil foi unha LEDICIA. Sabedes que en Brasil é verán durante o Nadal e como non hai neve PAPÁ NOEL usa un trampolín para repartir os agasallos!!
Parabéns polo voso traballo de investigación!!

Sodes uns grandes investigadores!!

  Para visitar a 4º marabilla tiven que voltar o continente asiático pero esta vez non estou na China. Este país ten unha cultura moi diferente a nosa. Conviven con moitas relixións e todas son moi interesantes!!

A cultura do país da 4º MARABILLA tamén é singular.


  INVESTIGA 

e

 escribe o lugar onde me atopo nun COMENTARIO
Busca información sobre a cultura e as diferencias e similitudes con nós.
Conta a túa experiencia ou dalgún dos vosos familiares ou amig@s ou
achegua webs ou ligazóns para investigar XUNTOS!!
Os nen@s que escribiron COMENTARIOS conseguiron PIKEUROS cos que gañarán agasallos ao final do curso!!
Moita sorte!!
A cuarta POSTAL xa chegou a escola...


Se as pistas de PICOLINDO non son dabondo
utiliza estas ligazóns para descubrir ONDE SE ATOPA 
A civilización India

A historia do TAJ MAHAL
Tour virtual
Las 3 Mellizas en la India
Vivir en el AHORA
Conto infantil "Vacaciones en la India"
NAMASTÉ

1 comentario:

  1. Ola amigos, mestras...son Ángela e creo ca marabílla é o Taj Mahal.
    poñobos un pouco de información.
    Inagurouse no 1648.
    Mide 73 metros.

    ResponderEliminar

Os teus comentarios son moi IMPORTANTES